ADVM Audiovisual Media
Videos en resolución 4K, a última tecnoloxía en sistemas de grabación e un equipo de profesionais á túa disposición, para aquelo que queres transmitir, contar, vender ou sinxelamente recordar non pase desapercibido. Creamos guións específicos para cada cliente e cada tipo de video. Ademáis adaptamos os formatos finais para distintos soportes (Whatssapp, Facebook, Twitter, Instagram, Televisión…) según as túas necesidades. Consúltanos orzamento sen compromiso.
Calidade profesional a medida
Servizos audiovisuais
Ficción
Un equipo de profesionais para os teus proxectos con experiencia no guión, a direción, produción, rodaxe, montaxe e postproducción de ficción, tanto en largometraxes como series de televisión ou cortometraxes ganadores en festivais internacionais.
Spots
Spots virais en redes sociais con centos de miles de reproducións e repercusións mediáticas. Creamos a nosa publicidade basándonos no que o cliente quere transmitir e deseñamos un anuncio adaptado dende a súa orixen aos medios nos que será emitido.
Vídeo corporativo
Para todo tipo de empresas, asociacións, institucións, colectivos... Servímonos das últimas técnicas audiovisuais (Time Lapse, Motionlapse, Hyperlapse, Hyperzoom…) para que poidas amosar a súa actividade de forma novedosa e atractiva.
Celebracións
Bodas, Bautizos, Comunións... poñendo toda a nosa experiencia e equipo ao servizo da grabación e montaxe. O teu imborrable recordo dese día especial quedará plasmado nunha obra cinematográfica coa que revivir sensacións e sentimentos.
Reportaxes
Elaboramos reportaxes por encargo, tanto privados como para medios de comunicación, os cales inclúen recursos, entrevistas, declaracións, totais e entregado baixo os parámetros de configuración e resolución que cubran as necesidades do cliente.
Streaming
Servizo de emisións en directo vía streaming en calquera plataforma, coa posibilidade dunha realización multicámara. Cubrimos toda clase de eventos como conferencias, xornadas ou probas deportivas de calquera tipo.
Eventos
Eventos, presentacións, concertos, galas, feiras... Todo quedará rexistrado en formato 4K e montado posteriormente para que o cliente poda mostrar ao mundo o ocurrido no teu evento da forma que o precises en canto a duración, estrutura e formato desexado.
AUDIOVISUALMEDIA (A.D.V.M) é unha empresa lucense creada en marzo de 2020 por Alfonso Díez Veiga, licenciada en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Salamanca e máster en Formación do Profesorado.
Traballou como editor en prensa escrita, editor e locutor en radio e produtor en televisión. Dirixiu e guionizou curtametraxes, documentais e programas de TV. Tamén imparte cursos como profesor en talleres e traballou como profesor de Imaxe e Son en Formación Profesional.
A compañía naceu como un xeito de desenvolver os seus propios proxectos baseados na experiencia acumulada polo seu fundador. Para levalos a cabo, a compañía conta cun equipo técnico de última xeración e cun equipo humano altamente cualificado cunha ampla experiencia en cine, televisión, ficción e vídeos baixo pedido.
Ata agora AUDIOVISUALMEDIA (ADVM) realizou proxectos de ficción, vídeos corporativos e institucionais, presentacións, eventos e celebracións privadas, todos eles baseados na narración de contos, é dicir, proporcionándolles unha historia individualizada creada para cada proxecto segundo as necesidades do cliente. Tamén ofrecemos un servizo de transmisión en liña con actuacións en directo.